Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
EN COMPOSTELA E MONTEVIDEO

Ensaio 2005, sen validez legal, do voto electrónico

Logo da presentación da proba co e-voto que se fará en alta mar dende un computador instalado no buque Nuevo Laredo, a Xunta aunciou a instalación de cinco puntos electrónicos de voto en Santiago e outros dous en Uruguai, onde os cidadáns censados poderán experimentar como será iso do voto informático, pero sen validez legal.

- 12:09 15/06/2005
Tags:

As probas, autorizadas pola Xunta Electoral Central, reproducirán exactamente o proceso que debería realizar un votante para a escolla dos seus representantes no Parlamento galego. O obxectivo é tirar máis datos do experimento que avalen a garantía da fiabilidade destes sistemas de achegamento das novas tecnoloxías aos procesos electorais

A Xunta de Galiza encargoulle á empresa Indra o soporte técnico para o experimento, a mesma que xa se encargara das probas realizadas durante o referendo sobre o tratado europeo. Así, o día 17 de xuño instalaranse na capital galega tres urnas electrónicas no centro comercial Área Central e outras dúas no Centro Comercial Compostela. Ao tempo, forneceranse outros dous puntos de voto electrónico na Casa de Galiza de Montevideo, en Uruguai. Os votantes inscritos no censo electoral galego ou no de residentes ausentes no país suramericano, poderán probar o voto electrónico nestes lugares entre as 10 e as 21h.

O sistema consiste nunha urna electrónica, á que os votantes poden acceder logo de presentar o seu documento de identidade. Co uso dunha tarxeta que o identifica, o elector pode acceder ás opcións que lle presentan as distintas candidaturas da provincia onde está censado. O votante escolle os seus candidatos nunha pantalla táctil e valida o seu voto. Todos os votos rexistrados quedan almacenados no equipo, e ao peche da xornada electoral prodúcese o envío de resultados.


Ligazóns

0/5 (0 votos)