Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Concello coa formación para os desempregados.

Empresas do sector marítimo-pesqueiro colabouran co Concello de Vigo na formación de desempregados dentro dun proxecto do Programa Urban.

- 01:14 10/03/1999
Tags:

O Concello de Vigo, a través do Programa Urban, puxo en marcha a súa segunda fase de cursos de formación en profesións relacionadas co mundo do mar, en colabouración con empresas do sector marítimo-pesqueiro. A actividade, que onte foi presentada polo alcalde de Vigo, Manuel Pérez, está dirixida fundamentalmente a desempregados, con prioridade para os residentes no Casco Vello da cidade. O programa permitirá a participación de 135 persoas nos nove cursos previstos, nos que se tratarán diversas especialidades relacionadas co mar. A oferta formativa inclúe a manipulación de peixe fresco, frío naval, fibra de vidrio, máquinas e cintas de parques de pesca, contramaestre de instalacións naútico-deporticas e manipulación e transformación de peixe e cefalópodos conxeados. Un total de nove empresas da cidade cooperarán na realización dos cursos, que pretenden "ser unha ferramenta de gran utilidade de todos aqueles que estén en proceso de busca activa de emprego", segundo asegurou Manuel Pérez. Pola súa parte o concelleiro do Plano Urban, Avelino Fernández, subliñou que entre un 15 e 20 por cen dos alumnos que participaron na primeira fase do programa o ano pasado conseguiron un posto de traballo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: