Segundo os datos aportados polo (Anti-Phishing Working Group, APWG), grupo de traballo mundial contra o phishing (práctica fraudulenta consistente en conseguir os contrasinais de Internet de clientes bancarios a través de mensaxes de correo electrónico que simulan ser enviados polas súas propias entidades financieiras), España acapara entre o 2 e o 3 % dos envíos por correo electrónico, dos que se ocupan 2.870 servidores en todo o mundo (un 28 % máis respecto a xullo de 2004). Así, España é, segundo os expertos, o oitavo país do mundo que máis ataques de phishing sofre.
No primeiro trimestre de 2005, en concreto desde febreiro, España ocupa o oitavo lugar do mundo en localización de phishing, por detrás só de Estados Unidos (34 %), China (12 %), Corea do Sur (9 %), Alemaña, Canadá, Xapón e Rumanía.
Existen xa máis de 78 marcas mundiais afectadas por este problema, entre as que se atopan entidades financieiras como Citibank -que concentra máis do 54,16 % dos ataques-, Wells Fargo (5,42 %), o método de pagamento por internet PayPal (7,57 %), o portal de subastas eBay (4,15 %).