Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Méndez Ferrín polo Nobel.

O grupo municipal do BNG do Concello de Moaña presentou unha moción na que insta á Corporación a adoptar o acordo de solicitar a concesión do Premio Nobel de Literatura ó escritor galego Xosé Luis Méndez Ferrín.

- 01:14 10/03/1999
Tags:

Despois de que o ano pasado o Comité do Nobel convidase á Asociación de Escritores en Lingua Galega a presentar un candidato que represente a Galicia e que este organismo elixise por ampla maioría a Méndez Ferrín, a formación nacionalista de Moaña pretende que este concello se sume tamén a esta petición. O BNG moañés pensa que a candidatura deste escritor "non só significa un recoñecemento á obra de Méndez Ferrín, sinon tamén a posta en valor a nivel europeo da literatura en lingua galega, así como a valoración por parte da sociedade da literatura escrita no idioma da nación galega". Lembrar que o Concello de Vigo aprobou por unanimidade nun pleno solicitar tamén o mismo galardón para o escritor.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: