Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ALONSO MONTERO, GALEGO EGREXIO

"Nos camiños do tempo novo", lema dos Premios da Crítica 2005

A Fundación Premios da Crítica organiza a entrega de galardóns a aquelas iniciativas culturais que contribúen a galeguizar o país nun acto que se celebrará o sábado 28 de maio ás 20:00 horas no Centro Social Caixanova. O lema desta vixésimo oitava edición é "Nos camiños do tempo novo". O xurado está composto por 40 membros destacados do ámbito da cultura, das artes, das ciencias, da xustiza, do ensino, da empresa e da comunicación.

- 08:05 26/05/2005
Tags:

No transcurso do acto daranse a coñecer os premiados nas categorías de creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, ciencias e artes da representación, música e iniciativas culturais. No mes de febreiro, a Fundación Premios da Crítica anunciou a concesión do premio Galego egrexio a Xesús Alonso Montero.

Os Premios da Crítica de Galicia naceron en 1977 impulsados por Bieito Ledo e Xosé González Martínez impulsados polo Círculo ourensán-vigués para significar o labor daquelas persoas, empresas e institucións que se distinguen polo seu labor a prol da normalización lingüística e cultural.


0/5 (0 votos)