A Universidade de Santiago incorpora a utilización da telefonía móbil grazas a un acordo cunha compañía de telefonía. A partir de agora, os alumnos recibirán no seu móbil as calificacións. A privacidade e confidencialidade das mensaxes, tamén está asegurada debido á participación dunha empresa especializada en protección de datos, que asegura o cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD). Máis dun 50% do alumnado xa se inscribiu.