Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVO ESCÁNER

Algo cheira a podre en Pontevedra

O vindeiro de mes de xuño arrincará en Pontevedra cunha manifestación convocada por máis de 70 colectivos cidadáns pola recuperación da ría e a favor da marcha da factoría de ENCE dos terreos de Lourizán. Será un novo elo nunha cadea de mobilizacións e enfrontamentos que dura case 50 anos, desde que en 1957 se constitúe a empresa Celulosas de Pontevedra, S.A. A tirapuxa entre ENCE e o concello de Pontevedra non fixo máis que incrementarse nos últimos anos a raíz das pretensións da empresa de perpetuarse na súa actual ubicación e os requerimentos do concello para que remate a súa actividade en 2018, cando finaliza a concesión. No escáner Algo cheira a podre en Pontevedra analizamos os pormenores deste confito, entrevistamos ao alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores e facemos un percorrido sobre a historia da factoría e a resposta social que suscitou desde o momento da súa instalación.

  • Novas protestas contra ENCE en Arxentina e Uruguai

  • - 09:35 02/05/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)