Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CAMPAÑA DAS DISCOGRÁFICAS

Avisos "legais" no buzón dos usuarios das redes P2P

"Detectouse que dende o seu computador persoal poden estárselle facilitando ao público arquivos musicais que conteñen obras protexidas polos dereitos de propiedade intelectual". Así di a mensaxe de correo electrónico que unha aplicación informática deseñada pola asociación estatal de produtores musicais lle enviou xa a máis de dez milleiros de internautas usuarios da rede Kazaa e que proximamente recibiran tamén os que utilicen eMule. A asociación non descarta iniciar a curto prazo accións directas a través dos tribunais contra usuarios destes programas, do mesmo xeito que xa aconteceu en países coma Francia, Holanda ou o Reino Unido.

  • Anteriores: Colectivos internáuticos, empresariais e sindicais contra o "canon á sociedade da información"

  • - 09:15 14/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)