Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FOMENTO DESESTIMA O RECURSO PRESENTADO POLO ALCALDE LALINENSE

A Comisión da AP-53 solicítalle unha reunión a Fomento para rebaixar o prezo da peaxe Lalín-Dozón

Representantes sociais, políticos e económicos da comarca do Deza, reunidos na Comisión para a rebaixa da peaxe da autoestrada AP-53, acordaron solicitarlle unha entrevista ao secretario de Estado de Infraestructuras, Víctor Morlán, para reclamar unha diminución das taxas do tramo entre Santiago e o Alto de Santo Domingo.

- 09:02 13/04/2005
Tags:

A comisión reuniuse despois de que o Ministerio de Fomento lle comunicase por escrito ao Concello de Lalín a desestimación do recurso de impugnación presentado polo alcalde, Xosé Crespo, en xullo de 2004 contra a resolución ministerial que aprobaba a peaxe da autoestrada AP-53, tras a apertura do tramo ata o Alto de Santo Domingo, pasando a custar a viaxe dende Lalín ata Santiago de 3,60 a 4,35 euros.

A comisión decidiu, ademais, dirixirse á Consellaría de Política Territorial para solicitar información sobre a execución do proxecto dende Dozón ata Ourense e sobre as tarifas que se aplicarán no segundo tramo. Non desbotan entrevistarse con posterioridade co responsable de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo, para demandar tamén o abaratamento desta peaxe.


0/5 (0 votos)