Os días 2, 3, 4 e 5 de abril o concello acolle a súa I Ecofeira[ Ecolóxica, Multisectorial e de Razas Autóctonas en Perigo de Extinción, organizada polo corporación municipal e pola Asociación de Empresarios e Autónomos (ADEA). A feira terá lugar en Bembibre e contará con charlas e conferencias ademais da venda e degustación de todo tipo de produtos ecolóxico. Así mesmo, nos 2.000 metros cadrados cubertos e nos preto de 50.000 espazos abertos o visitante poderá coñecer animais en perigo de extinción coma o cabalo de pura raza galega, o porco celta ou a galiña de Mos.