Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
BIODIESEL

Aceite de colza, outro combustíbel alternativo

Máis barato e menos contaminante, a venda de aceite de colza multiplícase nas últimas semanas en Italia. Logo que se popularizase o seu uso coma alternativa ao gasoil, os italianos arramplan con todas as existencias ao tempo que o goberno, preocupado polos ingresos que lle escapan vía taxas a carburantes, advirte que o seu uso nos vehículos é un delicto.

- 09:16 28/03/2005
Tags:

Inicialmente e logo de detectar que numerosos cidadáns comezaran a encher o depósito do seu coche con este tipo de aceite, o colectivo que une á patronal italiana dos combustíbeis lanzou o aviso de que esta práctica danaba gravemente os motores. Pouco despois, a nova era desmentida pola asociación italiana de talleres de reparación, que destacaba a inexistencia de problemas mecánicos e facía avaliación ecolóxica: un 90% menos de contaminación, coma media. De xeito paralelo, o ministerio de Finanzas advería que esta práctica non está legalmente establecida e pode cualificarse de fraude fiscal.

"Os Estados precisan moverse cara sistemas enerxéticos máis sustentábeis baseados en fontes de enerxía coma a biomasa, a solar e a eólica", afirman dende a Organización das Nacións Unidas para o Agro e a Alimentación. A FAO subliña tamén especialmente as posibilidades do biodiesel, destaca a existencia de alternativas reais moi prometedoras, coma é este caso, e critica a renuncia dos gobernos a avanzar na incorporación e a promoción de iniciativas enerxéticas alternativas que son clave para os países en desenvolvemento.


Ligazóns

0/5 (0 votos)