Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Proxecto Xenoma de Rato

O xenoma do rato, ó mamífero máis frecuentemente utilizado na investigación médica e psicolóxica, se descifrará gracias a un importante programa anunciado este mes polo National Institutes of Health (NIH). Dez laboratorios, agrupados na Rede de Secuenciación do Xenoma do Rato (MGSN), recibirán 21 millóns de dólares como orzamento para este traballo. A dotación xenética dun rato consta de 21 cromosomas e 3000 mil millóns de pares de bases. O proxecto tratará, en tres anos, de determina-la organización física dos cromosomas e maila orde das bases.

- 08:58 10/10/1999
Tags:

Os ratos e as persoas comparten moitos do procesos fundamentais e de comportamento. Por esta razón, os ratos son os animais máis utilizados na investigación nos laboratorios das enfermidades humanas. Segundo o Director do NIH o Dr. Harold Varmus "cando se teña o xenoma do rato pódese comparar co xenoma das persoas e doutras especies animais, acelerando moitas vías de investigación como a avaliación da predisposición a algunhas enfermidades, a predicción de respostas a medicamentos, drogas e axentes ambientais ou o deseño de novos medicamentos". Moitos científicos biomédicos valoran a importancia de ter descifrado o secuencia do ADN dos ratos. É unha proba que tódolos institutos do NIH, co apoio da oficina do director, contribúen e respaldan o MGSN, demostrando a importancia deste traballo en moitos campos. A investigación sobre o xenoma do rato transcorrerá en dúas etapas, seguindo a estratexia empregada polo Proxecto Internacional Xenoma Humano. Primeiro, os científicos traballarán na busca dunha visión global das instrucción xenéticas do rato, algo así como un borrador da secuencias do seu ADN. Esta etapa completarase, a máis tardar, no ano 2003. Despois voltarán para enche-los baleiros e rematar en detalle a secuencia do ADN. Esta derradeira etapa rematará no ano 2005. Por outra banda, o Proxecto Xenoma Humano rematará a primeira etapa na primavera do ano 2000 e a derradeira ó redor do 2003. Un vintecinco por cento do xenoma xa foi secuenciado por unha corporación internacional de centros de investigación. Tódolos datos da secuencia están a disposición do público en xeral no GenBank.
A decisión de inicia-los traballos da secuenciación do ADN dos ratos, tomouse polos avances tecnolóxicos e polo apoio da comunidade científica dos Estados Unidos e internacional.
O traballo conxunto da comunidade internacional descifrou o xenoma da bacteria Escherichia coli, con cinco millóns de pares de bases, de Saccharomyces cerevisiae con 12 millóns de pares de bases e do ascáride con 97 millóns de pares de bases. O xenoma da mosca da froita (Drosophila melanogaster) de 140 millóns de pares de bases, completarase en breve.
Ós centros e organismos participantes lle esixiron solvencia e unha certa capacidade, para aumenta-los número de laboratorios implicados no proxecto.
Máis información.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: