Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NON TERÁ QUE CUMPRIR A SENTENCIA POLA LENTITUDE DA XUSTIZA

O alcalde de Montederramo condenado por falsidade documental

O alcalde de Montederramo, o "popular" Antonio Rodríguez Álvarez, acaba de librar do cárcere, "pola longuísima instrución" do proceso, a pesar de ser condenado pola Audiencia Provincial de Ourense por un delito de falsidade documental. A sentencia considera probado que Rodríguez falsificou en 1994 a sinatura dun técnico nunha certificación dunha obra inexistente co obxectivo de cobrar unha subvención da Xunta de 4.200 euros. De non mediar a atenuante do "retraso xudicial inxustificado", o alcalde tería que cumprir unha pena de tres a seis anos de cadea.

- 12:42 02/03/2005
Tags:


0/5 (0 votos)