Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUAS DO MUNDO

O Día da Lingua materna pensa nas linguas de signos e no braille

O 21 de febreiro a Unesco celebra o Día internacional da Lingua materna. Este 2005 dedícallo especialmente ás linguas de signos e ao sistema braille como vehículos de comunicación imprescindibles para a aprendizaxe e o desenvolvemento cognitivo das persoas xordas e cegas. Con motivo desta celebración, a sé da Unesco en París acolle unha exposición sobre a lingua de signos e o sistema braille ata o 23 de febreiro. En Galiza non está desenvolvida unha lingua propia para a comunidade xorda, como si o está en Cataluña, se ben en numerosas ocasións se ten falado, dende distintos colectivos, de traballar a prol dunha codificación. Recentemente tense solicitado o recoñecemento das linguas de signos como oficiais para todo o estado.
• A Federación de Asociacións de Persoas Xordas

- 09:37 21/02/2005
Tags:


0/5 (0 votos)