Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CÓMO SER GANDEIRO SEN MOVERSE DO SOFÁ

Un mercou o porco en liña, outro coidou del, outro...

O porco celta non é, malia o que parece, unha aldraxe futbolística, senón unha raza autóctona de gando porcino que estivo hai uns anos ao bordo da extinción, e que agora se recupera pouco e pouco. Son animais rústicos, fortes e con grande capacidade para camiñar e, xa que logo, para o pastoreo extensivo. A Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta xa dispón da súa web, onde explica amplamente todos os datos sobre o proceso de recuperación e a situación económica do sector. Ten incluso unha galería de imaxes dignas de convertérense en e-postais. E se estas criaturas peludas e mouras o cativan, existen empresas dedicadas á súa venda, como Porco Celta Fonsagrada: vostede o paga, eles cóidanllo e despois ata llo matan. Aínda que tamén pode levalo para a casa, claro, pero esas son cousas do cariño. Pode consultar máis webs gandeiras no Buscador de Vieiros.

- 09:47 17/02/2005
Tags:


0/5 (0 votos)