As montaxes O ano do cometa e As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (CDG), Fobias (lagarta lagarta) e O encoro (Teatro do Atlántico) xuntan a maior parte das nominacións para a edición deste ano dos premios María Casares de Teatro. Organizados pola Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galiza, AADTEG, e polo concello da Coruña, os premios entregaranse no transcurso dunha Gala presentada por Mabel Rivera, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo que terá lugar no Rosalía de Castro da Coruña o vindeiro 27 de marzo, día mundial do teatro.