Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMBIO CLIMÁTICO

O desxeo cada vez maior e máis rápido

A universidade británica de Exeter está a ser estes días o centro mundial da investigación arredor do cambio climático. Máis de 200 expertos debaten arredor das causas que provocan que nos últimos anos o quecemento do planeta sexa maior e se acelere o desxeo. Na mesma liña o vindeiro domingo un equipo da USC deprazarase á Patagonia para continuar a campaña arredor do cambio climático global e da actividade antrópica en hábitats coma o da Terra de Fogo (Arxentina) e o do noroeste da Península Ibérica.

- 10:43 03/02/2005
Tags:

Os datos que se están a desprender da conferencia de Exeter, Evitando os perigos do cambio climático, desbotan os publicados hai agora catro anos polo Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático da ONU (IPCC) ao afirmar que a fundición dos bloques de xeo da Antártida ten lugar a unha velocidade maior do que se pensaba.

Segundo os estudos máis recentes o océano terá elevado o seu nivel cerca de cinco metros cara ao ano 2100 xa que os bloques de xeo desprenden anualmente 250 metros cúbicos de auga, o que quer dicir que nun período de arredor de 50 anos o ascenso do nivel do mar pode provocar que 150 millóns de persoas teñan que modificar o emprazamento do su fogar, que o quecemento do planeta acade os dous graos e que, en consecuencia, se extingan unha gran cantidade especies.

O mar está a absorver o 48% dos gases que se emiten á atmosfera e que producen o efecto invernadoiro e que pasaron de contabilizarse 280 partes por millón a comezos do século XX ás 370 partes por millón que se contan hoxe en día.

En poucos días iniciarase unha nova conferencia climática, desta vez na Patagonia, á que se despraza unha comisión formada por investigadores da USC, membros da consellaría de Educación, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e do Centro Austral de Investigacións Científicas Ushuaia. O seu traballo enmárcase dentro da segunda campaña de estudo sobre Cambio climático global e actividade antrópica en hábitats de especial interese para a biodiversidade/ì]. O obxecto de estudo vai ser a comparación interhemisférica tomando como mostras a Terra de Fogo, na Arxentina, e Galiza no noroeste da Península Ibérica.


0/5 (0 votos)