"Católico, apostólico e romano, aínda que pecador". Así se definiu o presidente da Xunta este xoves, en rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Manuel Fraga meteu baza na polémica aberta polas declaracións do secretario xeral da Conferencia Episcopal, desautorizada logo dende o Vaticano, nas que admitía o preservativo como medio de loita contra a SIDA. Fraga, que opinou que se malinterpretaran as declaracións de Martínez Camino, "un xoven xesuíta estupendo", asegurou que "toda a miña vida dixen as verdades sen condón" e engadiu que "penso morrer sen poñer un". Sobre o asunto, o presidente asegurou que estará sempre co que diga "a súa Santidade o Papa e os seus lexítimos delegados".