Günter Grass foi o gañador do Premio Nobel de Literatura 1999 que hoxe fixo público á unha da tarde a Fundación Nobel. O polémico escritor alemán consegue recoñecemento así á súa dilatada vida literaria, que se caracterizou sempre por un marcado compromiso político, que causa resentimento entre a clase política e intelectual no seu país. Autor de novelas tan coñecidas como "O tambor de folla de lata", "O gato e o rato" ou "Anos de cans", Grass é o máis importante escritor contemporáneo en lingua alemana e foi galardonado este mesmo ano co Premio Príncipe de Asturias das Letras. A súa última obra titúlase "Un conto longo". Ligazóns interesantes:
.