Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Príncipe escribe a Pérez.

Carlos Príncipe remitiu onte un escrito a Manuel Pérez, no que lle recorda a "débeda histórica" co goberno galego ten coa nosa cidade, en materias tan variadas como os servicios públicos, os investimentos e diversos construccións tales como o edificio multiusos e mailo auditorio.

- 00:41 09/03/1999
Tags:

O presidente do grupo municipal socialista Carlos Príncipe, propuxo onte ó alcalde Manuel Pérez, a creación dunha "fronte común" para demandar á Xunta de Galicia, os investimentos culturais que a cidade precisa. Príncipe, demanda no seu escrito, a convocatoria nos próximos días do Consello Económico e Social da cidade e, mailo pleno do concello para elabourar un plano de actuación e mobilización da opinión pública. Na súa proposta, indica, que por riba dos intereses do Partido Popular, teñense que ter en conta os intereses de Vigo. Tamén considera ca cidade debe ser respetada e tratada coa xustiza que merece por parte dos poderes públicos. Príncipe recorda a Pérez, ca administración galega non ten movido un dedo nos últimos anos en dotacións tan importantes como o Museu do Mar, o Multiusos, o Pazo de Congresos e o máis recente Museu de Arte Contemporánea. Hai anos que se ven falando da necesidade, de crear nesta cidade un estadio multiusos, si ben tódolos grupos estaban dacordo en que era preciso te-lo, o alcalde rexeitou a ubicación que nun principio situaba ó edificio no aparcadoiro de Samil. Logo se propuxo o Pavillón das Travesas, neste caso a nova ubicación non lle gustou a Cuiña. Finalmente a corporación muncipal decidiu por unanimidade levalo o PAU de Navia. Todo elo para co edificio sexa aínda un espellismo. O máis curioso, é que a chegada á lista do PP de Horacio Gómez, podería supoñer, co multiusos se converta en historia e que, o investimento previsto para este edificio, uns cinco mil millóns de pesetas sexa destinado ás reformas do Estadio Municipal de Balaídos. Príncipe recorda a Pérez que a Xunta non ten ata agora, cumprida ningunha das súas promesas para coa cidade e lembra tamén, o Museu do Mar, froito dun convenio que conta xa con sete anos. Por todo elo, o candidato socialista, desexa manter unha xuntanza urxente con tódolos líderes dos grupos municipais coa fin de deseñar unha estratexia sobre destes asuntos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: