 
 
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña adxudicou por 426 millóns de euros o proxecto do porto exterior en Punta Lagosteira á Unión Temporal de Empresas, liderada por Dragados e coa participación de Sato, Copasa e Construcciones Especiales. A adxudicación recibiu o apoio de 21 dos 25 conselleiros. A obra terá un prazo de execución de 78 meses.
Os 4 representantes da Administración do Estado apoiaron a proposta pero a condicionaron a que o plan financeiro se axuste aos requisitos para poder acceder aos fondos europeos.  A fórmula utilizada por estes conselleiros supón unha cláusula de prudencia ante a responsabilidade legal e patrimonial que poderían ter os vagais do Porto no caso de que, xa coas obras contratadas, non se obtivese o financiamento da UE. 
Está previsto que en dúas semanas se presente o proxecto nas instancias comunitarias para que decidan se achegan os fondos precisos para a construcción do porto exterior en Punta Lagosteira. 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto