Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFORME DE FACUA

Os galegos pagan a ITV máis cara do estado

Pasar a ITV en Galiza é o dobre de caro que, por exemplo, en Asturias. Segundo sinala nun informe a Federación de Consumidores en Acción, FACUA, as comunidades autónomas coas tarifas máis caras son, xunto ao País Valenciano (52,32 para motores diesel, 31,58 euros para gasolina sen catalizador e 38,27 euros con catalizador), Galiza (44,32 euros con motores diesel e 36,42 euros para gasolina). Pola contra, os prezos máis económicos danse en Melilla (7 euros e 12 euros se a inspección se realiza en talleres colaboradores), Baleares (19,40 euros), Aragón (21,56 euros) e Asturias (22,38 euros). No caso da inspección de moticicletas e ciclomotores Galiza ocupa o primeiro lugar entre as comunidades máis caras, cunha media de 31,58 euros por vehículo. A empresa Supervisión y Control é a que posúe a concesión da Xunta para realizar a ITV en Galiza.

- 13:39 15/12/2004
Tags:


5/5 (1 votos)