Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFORME DE AMINISTÍA INTERNACIONAL

Denuncian o uso de "nenos soldado" en máis de 20 conflitos no mundo

"Un mundo onde os nenos non participen na guerra é posíbel, pero só se todos os gobernos amosan vontade política e coraxe para facer que as leis internacionais se cumpran". A denominada Coalición Internacional para Rematar coa Utilización de Nenos Soldados advirte que a tolerancia de gobernos de todo o mundo está facilitando "que lle rouben a infancia a xeracións enteiras de cativos".

- 08:01 18/11/2004
Tags:

"O Informe Global sobre Nenos Soldados 2004", examina a situación en 196 países entre os anos 2001 e 2004. Os autores denuncian que o recrutamento de nenos non só se mantivo senón que incluso medrou neste período, malia que a fin de conflitos en Afganistán, Angola ou Serra Leona permitiu a desmobilización de cando menos 40 mil cativos que foran obrigados a participar nas accións bélicas. Pola contra, en rexións coma Costa de Marfil e Sudán, producíronse milleiros de novos recrutamentos.

Amnistía denuncia que gobernos coma Burundi, Indonesia ou Rusia, son responsábeis directos do asasinato, tortura ou detención arbitraria de nenos sospeitosos de apoiar apoiar a grupos opositores armados. Rapaces palestinos tamén teñen sido detidos polo exército israelí e hai documentados casos de torturas e ameazas para obrigalos a actuar coma espías ou confidentes.

Asimesmo, varios gobernos occidentais racharon o compromiso de protexer as xeracións futuras, proporcionando armas ou adestramento militar a gobernos coma Ruanda ou Uganda, que usan nenos nos seus exércitos e apoian grupos armados que integran a menores. Ademais, 60 gobernos, incluíndo Australia, Austria, Alemaña, Holanda, Reino Unido e os EEUU recrutan legalmente mozos de 16 e 17 anos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)