Os empregados do Parque Comarcal de Bombeiros denunciaron de novo a Seganosa, concesionaria do servizo, diante dos Xulgados do Social de Ourense, por incumprimento do convenio e modificación unilateral da quendas de traballo e das tarefas encomendadas.
O portavoz dos bombeiros, Diego Alonso, denuncia unha campaña de "persecución constante", así como o incumprimento dos horarios de descanso previstos no convenio. Tamén se queixan de estar obrigados a facer tarefas absurdas e humillantes, ademais de recibir coaccións e ser ameazados en reunións que a empresa mantén con eles individualmente.
Teñen pendente unha entrevista con José Luis Baltar, o presidente da Deputación, que se ofreceu a mediar no contencioso que manteñen con Seganosa.