Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DIVULGACIÓN AMBIENTAL

En decembro chega a Arzúa Terr@ctiva

Os días 4 e 5 do vindeiro mes de decembro Arzúa acollerá o Festival Terr@ctiva, na súa segunda edición Das Artes Pola Biodiversidade. Este festival de carácter medioambiental, multidisciplinar e interxeracional ten por obxectivos o desenvolvemento dunha cultura participativa para dinamizar os espazos sociais e difundir valores ecoloxistas.

- 13:02 12/11/2004
Tags:

Coper@ctiva Cultural organiza Terr@ctiva posto que "responde a unha demanda social cada vez máis puxante de ofertas culturais de grande formato nos que conflúan o espectáculo e o lecer, para vir a cubrir un oco existente na programación cultural galega". Entre as actividades que se desenvolverán nas dúas xornadas deste festival atópanse a Feira Ecolóxica, os obradoiros de Divulgación o Teatro e a Música.

A Feira Ecolóxica vai contar coa participación duns corenta expositores entre os que se atoparán productores biolóxicos, isto é dedicados á agricultura ecolóxica, representantes do comercio de productos ecolóxicos e membros dos sectores da bioconstrucción, o ecoturismo, as medicinas alternativas, a artesanía e as enerxías renovables.

Ademais, Terr@ctiva vai contar cunha ludoteca ecolóxica, obradoiros tamén ecolóxicos, conferencias e cursos de temática medioambiental, exposicións e proxeccións de documentais vinculados coa temática do festival.

En Terr@ctiva non vai faltar o teatro de todo tipo (dende o clásico aos malabares ou o teatro de rúa) e a música, que baixo o título Galeuzca musical pretende facer chegar grupos galegos, cataláns e vascos que coa súa arte contribúen a divulgar a indentidade destes tres pobos.


0/5 (0 votos)