Han de tremer as canelas de Bill Gates nalgún recuncho do imperio coa chegada da máis sólida opción fronte ao monopolio do actual navegador de Microsoft. A versión de proba que viña circulando dende hai meses xa acadara varios millóns de fieis e dende este martes poden descargar na web da Fundación Mozilla a versión 1.0. Os cataláns aproveitaron para presentar a súa traducción e por terras galegas agardamos novas dos mozos do Proxecto Trasno, traductores das vellas versións do Mozilla. Máis no Canal Fwwwrando.