Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"ONDE ESTÁN TODOS ESES CARTOS?"

A CIG acusa á Xunta de desbalde e nepotismo coas obras da Cidade da Cultura

"Fiscalización e paralización inmediata das obras" en Santiago da Cidade da Cultura é a petición realizada pola CIG a Parlamento e Consello de Contas. Dende o sindicato cualifican a xestión do proxecto de "operación de nepotismo", "creba monetaria" e "atentado contra os intereses xerais" e pídenlle ao goberno galego que explique polo miúdo. Escuros procesos de contratación e adxudicación de partidas, secretismo sobre os pagamentos ao arquitecto Peter Eisenman, cesión da dirección da obra a un estudio dirixido polo marido da conselleira de Familia... están entre as irregularidades que segundo a CIG xustifican a acusación por "malversación de cartos públicos".

  • A consellaría respóndelle á CiG e desvincúlase do marido de Pilar Rojo
  • Fraga City: unha cidade moi particular
  • Cidade cultural, cidade política, reportaxe de Francisco Seoane para Tempos Novos

  • - 12:11 13/10/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)