O Código de Conducta Europeo para a venda de armas é sistematicamente incumprido, segundo denuncia conxunta de colectivos en defensa dos dereitos humanos. Gobernos dictatoriais e acusados de represión están recibindo armamento de países da UE, e alomenos un tercio das exportacións armamentísticas europeas están baixo sospeita. A prol da solución para o problema e para que "Europa sexa modelo a seguir no mundo", asociacións diversas lanzan unha campaña.