O deportista ourensán Antonio Cid conseguiu a medalla de bronce na competición de Boccia-1 por equipos. O bronce de Cid súmase aos tres ouros acadados polo nadador vigués Chano Rodríguez, nos 50, 100 e 200 metros libres e os outros dous bronces do propio Chano e de Paulo Cimadevila nos 4x50m estilos.
O equipo formado por Antonio Cid, Francisco Beltrán, Pedro Cordero e Javier Curto comezou a competición sen demasiada fortuna e perdendo nun axustado xogo contra a formación arxentina, o resultado final foi de 8-7 coa victoria da Arxentina. Pero dende aí o equipo no que compite o ourensán xa non perdeu ningún enfrontamento: 8-4 con Canadá, 5-4 con Austria e 12-1 con Noruega.
Enfrontáronse á formación británica en dúas ocasión nestas Paralimpíadas e nas dúas venceron: primeiro por 13 a 1 e, na loita polo bronce, por 7 a 5.
A medalla de ouro foi para Portugal e a prata foi para Nova Celandia.
A súa victoria engrosa o medalleiro galego, no que xa había os tres ouros de Chano Rodríguez e dous bronces máis: un tamén de Chano e outro de Paulo Cimadevila, os dous nos 4x50m estilos.