O proxecto de construcción do porto exterior en Punta Lagosteira e a posíbel construcción de rañaceos no peirao interior son os asuntos que se debaterán nunha mesa redonda que terá lugar o venres 1 de outubro nos locais de Portas Ártabras, na cidade vella da Coruña, por tras da igrexa de Santa María. No debate, organizado polo Comité pola Defensa das Rías Altas, contará coa participación de presentantes de Greenpeace, ADEGA, Javier Cristobo, da USC, o historiador Felipe Senén e membros do propio Comité.