Só trece parkings aplicarán a tarifa da media hora de utilización do servicio, pero o Concello espera conseguir que firmen o acordo os dous que faltan: Xoana de Vega e A Palloza.
O Concellal de Tráfico, Xosé Nogueira, confirmou que espera que os aparcamentos que plantexan reticencias, acaben firmando un acordo que beneficiará tanto a concesionarios como a cidadáns.
Hai unha cláusula no convenio que di que se a aplicación da devandita tarifa non é rendible para os parkings, poden derogar esa tarifa. Segundo o concellal, os parkings que aínda non firmaron descoñecen esta cláusula.
A utilización dos parkings durante a primeira media hora ou fracción costará ó redor do 60% da taxa para a primeira hora, que oscila entre as 110 e as 140 pesetas, aínda que en breve subirá outras cinco polo IPC.
Os parkings firmantes son: Os Mallos, rúa Barcelona, praza de Galicia, San Cristóbal, praza de María Pita, Pazo de Congresos, Orzán-Riazor, Parque Europa, Linares Rivas, rúa Monforte, Salgado Torres, Praza de Vigo e Os Cantóns.
Roberto Catoira