Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
APROBADO POLO GOBERNO LOCAL

Críticas da oposición ao ascensor de San Pedro

"Será un revulsivo para o turismo", dixo o concelleiro socialista Javier Losada. "É unha barraca de feira", criticou Mario López Rico dende o BNG. "É para ver as lagartixas ou ou as gueivotas?", ironizou Rodríguez Corcoba polo PP. O elevado gasto do proxecto de ascensor panorámico para o monte San Pedro axitou o debate este luns no concello da Coruña.

- 09:46 07/09/2004
Tags:

Con capacidade para 40 persoas, o elevador moverase ao logo de cen metros deica unha altura de 60 metros, comunicando o paseo marítimo dende a zona dos Rosais ata o cumio do monte. Trátase dun proxecto que requerirá do investimento de 3,5 millóns de euros, e que terá un prazo de execución de dez meses.

O pleno aprobou o proxecto este luns cos únicos votos do grupo de Francisco Vázquez. Losada asegurou que a obra "será revulsivo turístico e permitirá ver o solpor áis fermoso da península, dende San Pedro". O concelleiro tamén destacou que Medio Ambiente autorizase o proxecto sen ningunha alegación en contra.

Dende a oposición do BNG cualificouse a obra de innecesaria e pediuse que os millóns fosen destinados a axudas para o transporte público. Entre "Disneilandia e unha barraca de feira" definiu Mario López Rico o proxecto ao tempo que lle agoiraba perdas económicas dende o mesmo momento da súa inauguración.


0/5 (0 votos)