Arredor do desexo de rematar a vida dignamente se move o filme que protagoniza a carteleira galega esta fin de semana. Mar adentro, homenaxe cinematográfica para Ramón Sampedro que pon a eutanasia outra vez nas primeiras planas. A película, dirixida por Alejandro Amenábar, foi acollida dunha grande ovación no festival de Venezia e é unha das favoritas ao León de Ouro.
Cun longo aplauso acolleu a Mostra de Venezia o filme de Alejandro Amenábar, 'Mar adentro', protagonizada por Javier Bardem e baseado na vida de Ramón Sampedro, o ribeirán que encarna a loita pola eutanasia no noso país. A teor da recepción da crítica internacional, 'Mar adentro' é unha das favoritas a colleitar o León de Ouro, o máximo galardón da Mostra.
Tamén nas salas: terror xaponés, brincadeira adolescente con "mozas malas" e un gato laranxa que brinca da banda deseñada ao cinema para ledicia dos máis cativos.
Estreas o 3 de setembro: