"É isto unha guerra?", pregúntanse dende a web do colectivo Women on Waves. A pé dese titular está a imaxe dos barcos de guerra portugueses que vixian os movementos do buque da asociación holandesa para evitar que entre a porto. Na súa loita contra as restricións lexislativas sobre o aborto estiveran antes nas costas irlandesas e polacas. Na rede hai campaña de recollida de sinaturas contra a prohibición do goberno luso. Ademais, as mocidades socialistas propuxeron levar deica o barco as mulleres que o desexen. Máis no Canal Lusofonía.