Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DIPLOMAS EN VELA E PIRAGÜISMO

David Cal e Xosé Antonio Hermida conseguen dúas pratas

Rematou a participación galega en Atenas, e fíxoo con dúas pratas: o ciclista Xosé Antonio Hermida, nacido en Cataluña, conseguía unha delas na proba de ciclismo de montaña, logo dunha extenuante carreira; e o piragüista cangués David Cal levaba a outra na proba dos C1 500m, quedando por detrás do alemán Dittmer, que fora segundo na proba longa. Ademais, no K2 500m, Tareixa Portela repetiu o resultado de onte no K4, cunha quinta praza nunha proba gañada pola embarcación húngara. Finalmente, os regatistas de tornado Fernando Echavarri e Antón Paz obtiveron o diploma olímpico cun oitavo posto, mentres que o star de Chuni Bermúdez quedou décimo. Máis información en Galicia Olímpica.

- 15:04 28/08/2004
Tags:


0/5 (0 votos)