"Xa que se agarda unha ofensiva dos EEUU contra Afganistán, un operativo en suramérica ou no sureste asiático podería sorprender aos terroristas". Documentos aos que tivo acceso a comisión do Congreso USA refírense a unha proposta de ataque "a brancos non vencellados coa rede Al Qaeda, coma Iraq" no que se inclúe unha sorprendente posibilidade: "a triple fronteira entre Arxentina, Brasil e Paraguai, onde se advertiu a presencia do grupo islamista Hezbolá". Ao tempo, a Casa Branca recoñeceu que a recente alerta antiterrorista baseouse en informes con tres anos de antigüidade.