Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN DO 11-M

A policía xa traballaba coa pista islamista cando Acebes mantiña a "prioridade" de ETA

As 14.30 horas do sábado día 13, un día antes das eleccións xerais, Acebes ofrecía unha rolda de prensa insistindo en que ETA era a "prioridade" e que non existía ningunha pista que remitise a Al Quaeda. Un dato máis que desvela agora a Comisión de Investigación é que nese momento a Policía xa levaba máis de dúas horas traballando centrados na hipótese islamista. O comisario xefe da UCIE, Mariano Rayón, dixo ademais ante a comisión que o dato determinante para eles fora o feito de saber que as tarxetas dos teléfonos móviles foran vendidas nun locutorio de Lavapiés rexentado por tres persoas de orixe árabe.

  • Anteriores: Os Tedax souberon o mesmo día do atentado que o explosivo non era o que usa ETA
    O comisario de Alcalá asegura que ETA era a principal hipótese sobre a autoría dos atentados do 11-M
  • Escáner: Quen cometeu os atentados de Madrid?

  • - 15:46 07/07/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)