Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Telefónica comeza a comercializar o ADSL

Telefónica vai comercializar a partir de mañá a tan cacarexada tarifa fixa con tecnoloxía ADSL. Este novo sistema permite aos proveedores facilitar o acceso á rede a gran velocidade subcontratando o servicio GigADSL á principal operadora. A finais do ano 2000 Telefónica terá instalado en 11 millóns de liñas cun investimento de 40.000 millóns de pesetas. O despregue comezará en Madrid e Barcelona e logo irase extendendo ao resto do Estado. Algúns proveedores, como Telefónica Data e Telefónica Interactiva, van comezar xa a comercializar o ADSL a finais deste mes. O custe de instalación e aluguer ou venda do módem específico para ADSL, xunto co prezo do acceso a Internet, dependerá do proveedor.

- 09:39 14/09/1999
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: