Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barbanza

Edición xestionada por Adolfo Muíños
RSS de Barbanza
VAISE O BUQUE DA VERGONZA

Zarpa do porto de Ribeira o Wisteria deixando cinco detidos en terra

O buque Wisteria, conxelador de bandeira panameña, zarpou do porto de Ribeira pero non con toda a tripulación anterior. Cinco deles están detidos acusados de abandonar no mar o 23 de maio a catro polizóns senegaleses fronte ás costas de Mauritania ou o Sahara. Foron abandoados enriba dunhas táboas e sospeitase de que tiveron poucas posibilidades de sobrevivir.

- 10:51 21/06/2004
Tags:

Polo momento, a investigación confirma que non se ten constancia de ningún achado dunha balsa nesa zona e a Mariña Mercante, que desde onte rastrexa o lugar, non encontrou rastro algún, polo que dan por suposto que os polisóns falecesen.

O porto máis próximo á zona onde supostamente o capitán do Wisteria tirou ó mar ós catro polisóns é Noadibú, na costa africana, pero Roberto Rietz, capitán marítimo de Vilagarcía, pensa que estas persoas só poderían salvarse no caso de que un barco pasase por ese punto e avistara inmediatamente a lancha.

Un papel deixado por un mariñeiro nas máns do práctico de Vilagarcía, que facía as manobras de atraque, permitiu coñecer o suceso e abrir unha investigación policial que derivou nun auto xudicial dirixido pola Xuiza Instructora de Ribeira que paralisou no porto ao barco durante vintetrés días.

A xuiza retén os pasaportes do capitán, primeiro oficial, xefe de máquinas, cociñeiro e contramestre, todos eles de nacionalidade coreana. O tratarse dun barco pequeno sospeitase da cumplicidade, ou alomenos a permisividade de toda a tripulación, toda vez que algún dos polisóns presentou resistencia.

Por outra parte o secretario da embaixada de Corea persoouse en Ribeira para seguir de preto o asunto e acelerar na medida do posíbel os trámites do xuizo que afecta a cidadáns coreanos.


0/5 (0 votos)