Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AXENDA DE LECER

A festa do Boi e o festival Curtocircuito destacan nunha fin de semana de praia

Nesta fin de semana na que numerosas vilas galegas festexan o Corpus ou o San Antón lucirá o sol en todo o país, segundo as prediccións de MeteoGalicia. Un tempo ideal para ir á praia –lembrámoslles que o litoral galego conseguiu este ano 81 bandeiras azuis- ou para estrear a tempada de festas, que non tardarán en chegar a pares. Polo de pronto, temos a Festa do Boi en Allariz, e o Corpus en Ourense. Outras citas interesantes lévannos a Compostela, que acolle o festival Curtocircuito e a Festa do circo, e a Pontevedra, onde continúa a programación do Ano da Música. Aos que lles guste a ópera, que tiren para a Coruña. O Festival Mozart trae ao Teatro Rosalía La cambiale di matrimonio, unha obra de Rossini que conta unha historia clásica: a dunha moza á que pretenden obrigar a casar cun vello rico.

- 12:48 11/06/2004
Tags:


0/5 (0 votos)