A Xunta de Persoal do Hospital Meixoeiro celebrará hoxe ás 13:30 unha asemblea para tratar do chamado caso aspergillus. Tamén ten remitido un comunicado no que denuncian ó Conselleiro de Sanidade que lles prometera aclarar o tema en dez días e desde ese momento teñen pasado xa dous meses.
A Xunta de Persoal dí que o Conselleiro prometeulles enviar unha delegación da O.M.S. e que aínda seguen a aguardar pola misma. Tampouco fixo públicos os informes que foron encarregados, por el mismo, a INGECLINA e TEAELPO, así como os outros de cáracter interno. Segundo eles o Conselleiro non está interesado en aclarar nada sobre este tema nin respostar ós múltiples interrogantes que lle foran plantexados: Como se pudo construir e aceptar unha obra no quirófano do MEDTEC que como indican os expertos é unha chapuza?, Porqué non se acepta unha comisión de investigación que delimite e depure responsabilidades? É evidente segundo a súa nota que o Conselleiro pretende salvar a súa empresa ( o señor Cochón é presidente do consello de administración do MEDTEC S.A.) e, salvarse a sí mismo e mailos responsables desta traxedia. Todo elo, tentando resposabilizar ó Hospital do Meixoeiro do acontecido e, ademáis creando alarmas sociais que non se axustan á realidade. A Xunta de Persoal considera intolerable tal actitude e o intento de implicar a medicina preventiva neste caso, cando este servicio non só non ten ningunha responsabilidade no tema, sinon que colabourou eficazmente a resolver os problemas, o que outros irresponsables non fixeron. Para o próximo mércores día 10 esta xunta de persoal, ten convocado un paro de 10 a 11 da mañán. Con este paro pretenden defender os seguintes puntos: - Contra a implicación dos servicios do hospital e de forma especial da sección de medicina preventiva, na desfeita do quirófano do MEDTEC. - Pola depuración de tódalas responsabilidades. - Pola integración da alta tecnoloxía no Hospital do Meixoeiro.