Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUA E NOVAS TECNOLOXÍAS

Unha nova versión de OpenOffice

Unha nova versión de OpenOffice en galego está dispoñíbel para Linux. A versión, a 1.1.1 é aínda unha beta. O OpenOffice é un pacote de programas equivalente ao Office de Windows, pero de código aberto e distribución gratuíta.

- 08:49 28/04/2004
Tags:

A versión 1.1.1, chamada Ceibe, pódese descargar por arquivos soltos dende unha web propia. Os responsábeis da aplicación agradecen os comentarios, axudas e emendas sobre a tradución.

O Open Office é de código aberto e gratuíto, e conta cun procesador de textos, programas para crear páxinas web, para facer presentacións e tamén para efectuar cálculos matemáticos. É compatíbel nun 95% co Office de Microsoft. OpenOffice.org foi desenvolvido por Sun Microsystems e vén na maioría das distribucións de código aberto xa preinstaladas. Serve para Windows, Linux e Mac, pero esta versión en galego é só para Linux.


0/5 (0 votos)