Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
O VOLUNTARIO SVEN SCHWEBSCH , PREMIO OSÍXENO

Bugallo, gañador do "Premio Dioxina á peor actuación ambiental"

ADEGA-Compostela anunciou hoxe que o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o voluntario alemán, Sven Schwebsch, son os gañadores da cuarta edición dos Premios Dioxina e Osíxeno á peor e mellor actuación ambiental, respectivamente. Os premios, que outorga a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza co gallo do Día da Terra, entregaranse no transcurso dunha cea que se celebrará o vindeiro 8 de maio.

- 14:43 26/04/2004
Tags:

O Premio Dioxina á peor actuación ambiental outórgaselle ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, pola súa actuación no proceso de adxudicación do tratamento dos residuos sólidos urbanos de Santiago á empresa SOGAMA. ADEGA sinala que o alcalde "distinguíuse por ignorar ás organizacións ecoloxistas de Compostela e á Plataforma Cidadá pola Compostaxe, así como por non se preocupar nin de implicar á cidadanía nin de lle consultar a súa opinión sobre o tema". Os ecoloxistas consideran que o problema do lixo vai agravarse porque a opción elixida é "ecoloxicamente insustentable e socialmente inxusta".

O alemán, Sven Schwebsch, recibirá o IV Premio osíxeno á mellor actuación ambiental, polo seu labor como voluntario no concello de Carnota. Schwebsch leva traballando na retirada de chapapote e coordinando grupos de voluntarios dende que comezou a marea negra provocada polo Prestige.


Ligazóns

0/5 (0 votos)