A prohibición de instalar antenas de telefonía nun radio de cen metros de distacia respecto a escolas ou centros sanitarios é unha das medidas máis destacadas da nova normativa aprobada polo concello da Coruña. As empresas só poderán manter as instalacións no caso de que acepten reducir as radiacións en porcentaxes de ata o 25%. Tamén se establecen regras para a reducción do impacto visual dos trebellos.