Vieiros é noticia en varios medios de comunicación. A presentación da nosa nova imaxe, con novos contidos e seccións ten un espacio nas páxinas da prensa e nos xornais electrónicos.
Isto é unha escolma do que outros medios dín hoxe de nós:
A páxina de culturagalega.org dí que "oito anos despois do seu nacemento, esta publicación mantense coma un medio de referencia na rede do noso país e continúa na vangarda anovando a linguaxe xornalística e creando un novo xeito de relacionarse co público a través da rede no noso país".
Cultura Galega resalta o carácter pioneiro de Vieiros: "A rede en Galicia foi e en grande medida continúa sendo, este web" e salienta que tamén foi Vieiros o que fixo posible o primeiro chat público en Galiza coa entrevista a Isaac Díaz Pardo en 1996. Tamén explica, a través das declaracións do director, Anxo Quintela e de Lois Rodríguez, un dos promotores de Vieiros, cales son os novos contidos e retos.
Galiciainformacion.com fai un percorrido pola nosa traxectoria iniciada hai oito anos e fala dos novos contidos, das novas seccións e da aposta polos espacios de participación.
La Voz de Galicia publica unha entrevista co director , Anxo Quintela, na que salienta as novas seccións: opinión, reportaxes en profundidade e a intención de "ampliar a información sen deixar de sar servicios".
Código cero salienta a aparición de dúas novas seccións: Opinión e No Escáner, que vai afondar cada semana en temas de especial interese para Galiza.
Gracias a todos.