Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O pasado "presente" de Horacio Gómez.

Onte a casa do concello vigués amenceu enchida de fotocopias nas que se recollían dous artigos aparecidos na prensa estatal, e nos que se acusaba a Horacio Gómez número dous nas listas do Partido Popular, de graves irregularidades urbanísticas e de ter cartos de dúbidosa procedencia.

- 00:31 05/03/1999
Tags:

Os puntos onde se atopaban en maior número estas fotocopias sobre Horacio Gómez, foron as zonas máis concorridas da casa consistorial, e dicir, nos ascensores, na cafetería e por suposto nos pasillos. Ninguén parece coñecer ata agora, onde obtiveron os diarios estatais, os datos que sobre o número dous nas listas de Juan Corral, apareceron nestes artigos. "El Mundo", un dos rotativos onde se cita ó presidente do Celta, dí no seu titular que Horacio Gómez, ten cinco denuncias postas polo concello vigués por construccións ilegais. O outro medio, "El País", recolle un informe sobre as súas relacións máis que amistosas, coa Axencia Tributaria. Estas relacións, terianlle, segundo este medio, proporcionado uns cuantiosos benficios. A estreita relación mantida con Xosé María Núñez, responsable das adxudicacións das subhastas por parte de Facenda, serían un dos pontos de anclaxe dos beneficios que doutro xeito, Horacio Gómez, tan só co seu negocio de bebidas sería imposible que tivera.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: