Número de computadores por alumno, desenvolvemento profesional en novas tecnoloxías, uso de equipos informáticos con fins pedagóxicas O conxunto de indicadores avaliados polo informe Asentando as bases para unha educación ao longo da vida, publicado pola Organización de Cooperación ao Desenvolvemento Económico, coloca a España entre os Estados con peores resultados do grupo de 14 países estudiado. A análise destaca o insuficiente número de computadores por alumno e a pouca utilización das novas ferramentas con fins didácticos. Malia todo, dende o Ministerio veñen de presumir da mellora dos datos nos últimos anos.
.