Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Sada: ‘Non á corrupción’

Os berros contra a manobra de ‘Moncho’ Rodríguez Ares e o tránsfuga José Luis Santamaría escoitáronse de novo esta fin de semana nas rúas da vila coruñesa, por onde preto de catro milleiros de persoas marcharon nunha nova mobilización. Á fin, a recén creada Plataforma Cidadá pola Democracia fixo entrega simbólica de varias ‘lupas’: á Xustiza, para que a fiscalía anticorrupción investigue o acontecido no concello, ao Congreso, para a aprobación de medidas contra o transfuguismo e para o executivo do concello sadense e os “lexítimos representantes escollidos nas eleccións”. O propio colectivo anuncia que seguirá polo miúdo a actuación dos “okupas que gobernan agora o concello”.

- 08:15 26/01/2004
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: