Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Sada: a volta de Moncho con polémica urbanística

Sada: a volta de Moncho con polémica urbanística “Estamos todos agás Santamaría, o home está un chisco enfermo”. A volta á alcaldía de Rodríguez Ares coincidiu coa decisión favorable da Xustiza para a reanudación das polémicas obras na explanada do porto de Sada, paralizadas polo goberno anterior. Ao respecto, o ex alcalde Abel López Soto advertiu que a actuación de Ares neste tema probará “se goberna para os sadenses ou para os constructores”. Non estaba nesa primeira reunión do equipo de goberno o tránsfuga socialista José Luis Santamaría, para quen Ares aínda non fixou responsabilidade de goberno e que onte mesmo presentaba recurso nos xulgados contra a petición do Sergas de dez meses de inhabilitación pola súa presunta fraude con recetas.

- 09:12 21/01/2004
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: