Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

‘Galician people speak portugués’, di a Xunta

O galego e máis o español "gozan dunha pacífica coexistencia entre a poboación, igualmente cómoda nas dúas. Ademais, a estreita semellanza co portugués permítenos comunicarnos cos aproximadamente 200 millóns de persoas da forte comunidade internacional luso falante”. Esta avanzada concepción económico lingüística, pouco habitual no discurso oficial, vimos de atopala seguindo o lema ‘Galicia agora. A mellor elección para os mellores empresarios’ na publicidade dun suplemento especial sobre o Estado español do New York Times. A ligazón lévanos a unha completa web do Igape que anima ao empresariado USA a investir na nosa comunidade, e que subliña noutro dos seus apartados o valor da existencia de man de obra bilingüe chegada de descendentes de emigrantes e a “facilidade para atopar personal bilingüe español-portugués, o que permite atender dende Galiza a clientes nos dous idiomas”.

- 09:49 15/01/2004
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: